domingo, 4 de noviembre de 2012

O supervivente




                                                                                                            A Verónica
  



Pero toman, tomamos, toMo

a vida toda

coa espesura dun batido
                         de lama 
coa negrura
do bico de ourizo

con ganas
succionamos a gota primeira
do momento gardado
a última gota que molla
o lamazal cuberto de xuncos
onde nunca ousamos
poñer o pé.

xogos fóra de órbita
alleos a chifres donos

pequenas amigas en sonos de rías
remuíños (risas de baixamar)
nadando con só con
pensamentos

preto...
do cemiterio de barcos
tres décadas pinzan
     con forza
salvaxes visións

túas. miñas
guerras con leña
transformada logo en pan do bo

entón o berro: tras a ida do morcego
o contratempo do tropezón na escaleira
que tímida, cede todo o seu ser á altamar
e corriches raios, os teus pés con anos
como quen perde compañeira

sen pensar nin imaxinar sequera
encontraríalo xusto alí
edificado e con xesto
                no bulleiro
en desafío testán ao cárcere do tempo

zapato vello xa non máis meu
/do atado de tesouros                  
               varios
que lanza a auga      de súpeto
cando pensamos que
perdémolo todo/

zapato teu por sempre
por esforzarte íntegra
en conservar o lazo.















         















































































No hay comentarios:

Publicar un comentario